terras de iria 2009

INFORMACIÓN

ABERTA A INSCRICIÓN DE PARTICIPACIÓN XIII PREMIO DE PINTURA TERRAS DE IRIA, EDICIÓN 2010

Os Concellos de Padrón, Rois e Dodro, e a empresa Aluminios Cortizo SA patrocinan con carácter anual o Premio de pintura Terras de Iria. Este ano 2010 cumpre a súa décima terceira edición, un traxecto no que se foi consolidando no escenario de promoción e difusión da creatividade pictórica e situándose entre os certames máis importantes da comunidade artística.

A inciciativa Premio de pintura Terras de Iria ten coma obxectivo o apoio á creación.
Invita a todos os artistas que o desexen, sen límite de idade, a presentar o seu traballo, aberto a todas as tendencias. As obras que así estime o xurado, pola súa calidade e achega, serán motivo dunha exposición no Convento do Carme de Padrón e editarase catálogo desta.
A contía económica para o primeiro premio ascende a 8.000 euros e o segundo premio 3.000 euros. Establécese unha mención especial comarcal, cuxa contía será de 1.000 euros.
A organización impulsará unha exposición individual do gañador do certame no ano 2011

Na web irase publicando o desenvolvemento do certame

Os Concellos de Padrón, Rois y Dodro, e a empresa Aluminios Cortizo SA patrocinan e convocan o Premio de pintura Terras de Iria (antes Comarca do Sar), edición 2010

Aberto o prazo de inscrición previa ata o 21 de abril do 2010



© Premio de pintura Terras de Iria