EDICIÓN 2009
Seleccionados XII Premio de pintura Terras de Iria, edición 2009
Premiados XII Premio de pintura Terras de Iria, edición 2009
Os Concellos de Padrón, Rois e Dodro, e a empresa Aluminios Cortizo SA, organizan e patrocinan o Premio de pintura Terras de Iria cuxo obxectivo é promocionar tanto a artistas noveis coma consolidados e achegar ao público unha visión fidedigna da creación artística contemporánea.
Nesta duodécima edición, consolídase a proxección dun certame dos máis arraigados na nosa Comunidade e de prestixio nos circuitos das artes plásticas.
Acudiron a esta nova convocatoria un total de 235 artistas, procedentes do terrotorio nacional e do ámbito internacional, subliñando neste senso, a alta porcentaxe de países do continente latinoamericano. Unha mención especial ofrece o esprito da organización de impulsar a pintura como feito de creación na Comarca do Sar e, neste cometido, reserva un espazo comarcal para expoñer e premiar.
Os membros do xurado deste ano foron unánimes en afirmar na grande labor que supón este tipo de iniciativas para todos os axentes da arte xa que pulsan a realidade máis directa e contemporánea da creación dun xeito global e comunicativo. Coa súa profesionalidade e criterio, e a selección de 21 obras, conceptualizan unha mostra de grande rigor e diversidade, de inquietudes, de técnica e alternativa, de formas e tendencias.
Esta recopilación de actualidade surxe da experiencia recoñecida de quen asiste e participa a diario no panorama artístico: Dna. Rosario Sarmiento, Subdirectora Programación Fundación Caixa Galicia e responsábel de Colección de Arte; Dna. Miriam Pérez, Directora galería Ana Vilaseco; D. Miguel Fernández-Cid, crítico de arte e comisario; D. Manuel Quintana Martelo. artista plástico. Preside o xurado D. Anxo Franco, Concelleiro de Cultura do Concello de Dodro.
Co acordo xeral da calidade das obras presentadas e a formulación para conter diversas naturezas, fórmase esta equilibrada e coidada selección, cuxa relación de artistas é a seguinte:
Fruela Alonso Blanco
Rafael Angulo Nieto
Darío Basso
Manuel Bouzo
Alberto Cea
Manuel Cerezuela
Javier Chozas
Cristina Fernández Núñez
Emilio Fornieles
Héctor Francesch
Raúl Gil
Pilar Gutiérrez Beired
Kiki Lawrie
Ana Karina Lema Astray
Silvia Lerín
Moisés Mahiques
José Antonio Marticorena Veloso
Teresa Nafría Ramos
Jesús Perea
Pérez-Vicente
Sergio Tubío Agrasar
Comarcales:
Manuel Beiró Martínez (Masito)
Alfonso Blanco
Ana Campos (Lúa)
Raquel Carvalho
Rafael Lampón González
José Reboiras Mariño
Ana Belén Vázquez Gómez
Vinteún artistas seleccionados e sete no apartado comarcal integrarán a exposición que se inaugurou o 30 de xuño ás 20 horas no Convento do Carme de Padrón, centro colaborador do certame.
Premiados edición 2009
A dotación para o primeiro premio sitúase entre os máis importantes da Comunidade e o escenario artístico cunha contía de 8.000 euros, un segundo premio de 3.000 euros e unha mención especial comarcal de 1.000 euros.
O artista madrileño Alberto Cea é o gañador do XII Premio de Pintura Terras de Iria, un certame que organiza e patrocina os Concellos de Padrón, Rois e Dodro, e a empresa Aluminios Cortizo SA.
Alberto Cea (Madrid, 1979) presentou Región de herrumbre, unha obra de 146 x 147 cm realizada con grafito e pigmentos sobre tea encolada a madeira. O xurado, por unanimidade na súa decisión, valorou e execución e resolución da obra do xoven artista. Espazos delimitados, mesmo de vacío, engarzados nunha atmósfera de ferruxe, de pátina do tempo.
Alberto Cea é licenciado en Belas Artes, especialidade Artes Plásticas, pola Universidade Complutense Madrid no 2002. Realizou ao ano seguinte os cursos de Doctorado no Departamento de Pintura da UCM.
Participa e recebe diversas mencións en premios e certámenes de arte. Das últimas concedidas, entre outras: Becas de creatividad. Ayuntamiento de Alcobendas. Madrid; 2º Premio XXIII Certamen Nacional de Pintura de Guadarrama; Mención del Jurado XXXVIII Premios Ciudad de Alcalá.; Beca artista invitado. Talleres de Arte Contemporáne, Córdoba.
O xurado otorgou a Fruela Alonso (Lloro (Asturias), 1974) o segundo premio dotado con 3000 euros. Peinture foi a obra a concurso deste artista, unha peza de 110 x 164 cm na que utilizou unha técnica de acrílico e óleo sobre lenzo. A obra capta un horizonte de paisaxe urbano, deserto e inquietante.
En 1998, Fruela Alonso se licencia en Belas Artes, especialidade de Pintura, pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Continúa os seus estudos desde 1999 ata 2001 cos Cursos do programa de Doctorado “Alternancias en torno al dibujo”, Departamento de Dibujo, Facultade de BBAA de Pontevedra.
Destaca un amplo percorrido en exposiciones colectivas desde 1997 pola xeografía española. Participa, ademáis, en numerosas exposicións como artista seleccionado de premios e convocatorias como VII Bienal “Pintor Laxeiro”, Museo Municipal “Ramón Mチ Aller”de Lalín, Pontevedra; XXI Certame de Pintura “Concello de Cambre” (Cambre, A Coruña). En 2003 se lle concede a Beca de Creación “Novos Valores”, Diputación de Pontevedra.
No apartado Comarca do Sar, Raquel Carvalho (Novo Hamburgo (Brasil), 1975. Reside en A Escravitude (Padrón)) alzouse coa mención especial comarcal dotada con 1.000 euros. Presenta un óleo sobre lenzo de 100 x 140 cm titulado Nordeste Brasileiro.
Raquel Carvalho obtén a Diplomatura de Belas Artes en a Universidade Feevale e o Maxisterio de 2º Grao en a Escuela Santa Catarina -Brasil, ambas formacións se aúnan no desenvolvemento do seu traballo actual como Instructora de pintura e deseño on obradoiro particular (Esclavitud Padrón) e Centro de Cultura Padronesa.
Entre as últimas exposicións encontramos a mostra colectiva na galeria José Lorenzo Santiago de Compostela (2009) e a exposición individual en Café Casino, Santiago de Compostela (2008).